correr.gal

Política de privacidade

Última actualización: 19 de novembro de 2026

Para ver a axenda non fai falta conta, e non usamos cookies de publicidade nin de seguimento. Tratamos os menos datos posibles e nunca os vendemos. Aquí explicamos cales, para que e como podes decidir sobre eles, segundo o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).

Quen é o responsable

Iván Barcia, con NIF [NIF] e enderezo en [Enderezo postal]. Para calquera cousa sobre os teus datos, escríbenos a ola@correr.gal.

Se creas unha conta

  • Datos: o nome, a foto de perfil e o identificador da túa conta en Google, Apple ou Strava; o teu correo (con Apple pode ser un enderezo de reenvío; Strava non o dá, e se o engades confirmámolo cun código que che enviamos por correo); a data de alta e, de cada sesión aberta, o enderezo IP e o navegador.
  • Non gardamos contrasinais nin as claves de acceso a esas contas, e non lemos nada máis delas: tampouco as túas actividades de Strava.
  • Para que: crear e manter a túa conta para que poidas entrar. Base legal: o servizo que nos pides segundo as condicións das contas (art. 6.1.b do RGPD).
  • Seguridade: limitar intentos, detectar abusos e manter as sesións. Base legal: o noso interese lexítimo en protexer a web e as contas (art. 6.1.f do RGPD).
  • Tes que ter polo menos 14 anos para crear unha conta (art. 7 da LOPDGDD).

Cando entras con Google, Apple ou Strava, ese servizo sabe que usaches a súa conta en correr.gal e trata os datos segundo a súa propia política de privacidade.

Se nos envías unha carreira ou un aviso

  • Datos: no formulario de carreiras, o teu nome, o teu correo e a túa relación coa carreira, ademais do que nos contas e os ficheiros que subes. Nos avisos dunha ficha, o que nos contas e, se o deixas, o teu correo. Tamén vemos o enderezo IP desde o que envías, só para frear envíos abusivos: non o gardamos.
  • Para que: revisar o que nos mandas, completar ou corrixir a axenda e, se fai falta, preguntarche ou responderche. Base legal: o teu consentimento ao enviarnos o formulario (art. 6.1.a do RGPD). Se nos pides retirar un dato ou unha foto, atendemos o teu dereito de oposición (art. 21 do RGPD).
  • Publicamos os datos da carreira (data, lugar, probas, cartel…) despois de revisalos. O teu nome e o teu correo nunca se publican.
  • Cada envío convértese nunha tarefa en Linear, a ferramenta coa que organizamos o traballo, cos ficheiros adxuntos.

Se apareces nos resultados ou nas fotos

Publicamos as clasificacións e galerías de fotos de algunhas carreiras, aínda que non teñas conta.

  • Datos: nas clasificacións, o nome, o dorsal, o club, o sexo, a categoría (que adoita indicar un tramo de idade), o tempo, a posición e se non acabaches ou te descualificaron. Nas fotos, a túa imaxe se apareces nelas.
  • De onde saen: as clasificacións publícanas as organizacións ou as empresas de cronometraxe, e as fotos fanas fotógrafos ou as organizacións. Indicamos a fonte e a autoría cando as coñecemos.
  • Para que: informar de como foi cada carreira, como fan as propias organizacións e a prensa deportiva. Base legal: o interese lexítimo en informar sobre competicións deportivas abertas ao público, con datos que xa publicaron as organizacións (art. 6.1.f do RGPD).
  • As clasificacións poden descargarse e aparecer nos buscadores. As fotos publícanse en copias reducidas e sen metadatos (nin localización nin datos da cámara).
  • Podes opoñerte: se nolo pides co botón «Avísanos» da propia páxina ou nos escribes a ola@correr.gal coa ligazón da páxina, quitamos o teu nome da clasificación ou retiramos a foto, sen que teñas que dar explicacións.

Durante canto tempo

  • Os datos da conta, mentres a teñas. Se pides borrala, eliminamos a conta, os servizos conectados e as sesións.
  • Cada sesión caduca 30 días despois do último uso.
  • Os envíos e avisos, mentres os tratamos. Ao pechalos borramos o teu nome e o teu correo; o que publicamos na axenda queda nela.
  • As clasificacións e as fotos, mentres a carreira estea no arquivo da web ou ata que te opoñas.
  • Os rexistros do servidor e as copias de seguridade gárdanse un tempo limitado e despois bórranse.

Quen os trata connosco

Usamos provedores que só tratan os datos por conta nosa e segundo as nosas instrucións:

  • Vercel: aloxamento da web e contador de visitas.
  • Turso: bases de datos.
  • Cloudflare: imaxes, fotos e ficheiros da web.
  • Resend: envío do código para confirmar o correo.
  • Linear: xestión dos envíos e avisos que nos mandas cos formularios.

Algúns poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo, sempre coas garantías que recoñece o RGPD (cláusulas contractuais tipo ou o Marco de Privacidade de Datos UE-EUA). Google, Apple, Strava, OpenFreeMap e OpenTopoMap tratan os datos que reciben como responsables por conta propia. Non cedemos datos a ninguén máis, salvo obriga legal.

Non tomamos decisións automatizadas sobre ti nin facemos perfís.

Cookies

Só usamos cookies técnicas e de preferencia, que non precisan consentimento. Tes o detalle na política de cookies.

Os teus dereitos

Podes acceder aos teus datos, rectificalos, borralos, opoñerte ao seu tratamento, limitalo ou levalos a outro servizo. Escríbenos a ola@correr.gal e respondémosche nun mes como moito. Se cres que non tratamos ben os teus datos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Cambios

Se cambiamos esta política, actualizamos a data de arriba e, se o cambio é importante, avisámolo na web.