correr.gal

Política de cookies

Última actualización: 19 de novembro de 2026

Unha cookie é un pequeno ficheiro que a web garda no teu navegador. En correr.gal só usamos cookies técnicas e de preferencia, necesarias para que a web funcione ou para lembrar o que escolliches. Son todas nosas, non se comparten con ninguén e, segundo o artigo 22.2 da LSSI, non precisan o teu consentimento: por iso non che mostramos ningún aviso para aceptalas.

Non usamos cookies de publicidade, de redes sociais nin de análise. O contador de visitas (Vercel Web Analytics) funciona sen cookies.

Cookies que usamos

correr.session_token
Mantén a sesión aberta se entras coa túa conta.Duración: 30 días desde o último uso
correr.session_data
Copia curta da sesión para non consultar a base de datos en cada páxina.Duración: 5 minutos
correr.oauth_state
Protexe o inicio de sesión con Google, Apple ou Strava mentres volves á web.Duración: Uns minutos
sidebar_state
Lembra se deixaches o menú lateral aberto ou pechado.Duración: 7 días
site_access
Só mentres a web está en probas con contrasinal: lembra que xa o puxeches.Duración: 90 días

As tres primeiras só aparecen se entras cunha conta. En produción levan o prefixo «__Secure-».

No almacenamento do navegador

Isto non é unha cookie e nunca nos chega: queda só no teu navegador.

theme
Lembra se prefires o tema claro, o escuro ou o do sistema.Duración: Ata que o borres

Como borralas

Podes ver e borrar as cookies desde a configuración do teu navegador. Se borras as da sesión, terás que volver entrar; o resto da web segue funcionando igual.

Os datos que tratamos explícanse na política de privacidade.