XII edición
Media Maratón Ribadeo – As Catedrais 2026
- Data
- Sábado, 12 de setembro de 2026Primeira saída ás 17:00
- Lugar
- Ribadeo, LugoCasa do Concello de Ribadeo
Probas
1 proba- Asfalto
21,1 km
Media Maratón
- Saída
- 17:00
- Terreo
- Mixto
Sobre a carreira
Media maratón de punto a punto que sae da casa do Concello de Ribadeo e, tras un pequeno percorrido urbano pola vila, segue a costa en dirección á praia das Catedrais. Pasa polo Cargadeiro, a illa Pancha, Rinlo e a ruta das praias (Xuncos, Os Castros, Illas e Esteiro).
O pavimento é mixto: asfalto, terra e aglomerado de grava.